Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (OUTUBRO 2025)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada

  • Á xuntanza do Pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela o día 14 de outubro.
  • Á xuntanza ordinaria da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela, que se celebrou o día 21 de outubro no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

 

 

 

Xunto co vogal da Xunta de Goberno do COPG, Ricardo Fandiño Pascual, mantivo unha xuntanza co Director Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia, José Tronchoni Albert, celebrada na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) o día 14 de outubro.

 

 

 

 

HIPÓLITO PUENTE CARRACEDO

Hipólito Puente Carracedo

 

O vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo e o tesoureiro do COPG, Miguel A. Chouza Ponte, Asistiron a unha xuntanza cos membros da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra, co obxectivo de valorar unha proposta de colaboración e xerar vínculos entre ambas entidades, celebrada na sede colexial o día 21 de outubro.

Miguel Ángel Chouza Ponte

Miguel Ángel Chouza Ponte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mª Carmen González Hermo

Mª Carmen González Hermo

 

A vicesecretaria do COPG, Mª del Carmen González Hermo, asistiu á xornada “A saúde no deporte de alto nivel”, celebrada en Santiago de Compostela o día 18 de outubro.

 

 

 

 

 

 

 

Mª Dolores González Fernández

Mª Dolores González Fernández

A representante na Comisión Galega de Control da Violencia, Mª Dolores González Fernández, asistiu en representación do COPG á reunión extraordinaria desta comisión, celebrada en modalidade online o día 16 de outubro

 

 

 

 

 

Ana Belén Montesa Lou

 

A vicepresidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG, Ana Belén Montesa Lou, asistiu á inauguración dunha actividade organizada pola Federación de ANPAS Compostela, celebrada en Santiago de Compostela o 25 de outubro.

 

 

 

 

Pedro Santamaría Gargamala

 

Pedro Santamaría Gargamala, coordinador do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento, participou nareunión do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento do Consejo General de la Psicología, celebrada en modalidade online o 31 de outubro.

 

 

 

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia súmase á campaña da OMS polo Día Mundial da Saúde Mental 2025: “A Saúde Mental nas emerxencias humanitarias”, celebrado o día 10 de outubro.

Desde o Colexio colaboramos coas III Xornadas de Morte Digna en Galicia, organizadas pola Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia (DMD G), celebradas na Facultade de Psicoloxía da USC o día 11 de outubro.

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Á reunión do Grupo de Traballo do Pacto de Estado do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, celebrada online o día 17 de outubro.

– A unha xuntanza da Comisión de Igualdade de Unión Profesional, celebrada en Madrid o día 20 de outubro.

– Participou na reunión do Grupo de Traballo de Violencias Sexuais do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, celebrada en modalidade online o 23 de outubro.

– Asistiu á actividade “Academia Europa”, unha acción formativa promovida por institucións europeas en España con motivo do 40º aniversario da entrada de España na Unión Europea, celebrada en Segovia, do 29 ao 31 de outubro.

COPG