Información Xeral

Nova Edición FOCAD: Edición nº 58 (OUTUBRO – DECEMBRO 2025)

O FOCAD é unha formación a distancia elaborada polo Consejo General de la Psicología e a cal poden acceder todos os colexiados e colexiadas de maneira gratuíta.

O Consejo General de la Psicología de España ten en marcha un Programa de Formación Continuada a Distancia FOCAD en Psicoloxía coa finalidade de promover a actualización científico-profesional dos psicólogos e psicólogas colexiados e colexiadas en diferentes campos da intervención psicolóxica (Psicoloxía Clínica e da Saúde, Psicoloxía Educativa, Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humanos, Psicoloxía da Intervención Social, Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, Psicoloxía Xurídica, Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade etc.).

O programa consiste no estudo, e avaliación dos coñecementos, de diversos materiais educativos elaborados por prestixiosos/as psicólogos/as académicos/as e profesionais. Os/as psicólogos/as que superen dita avaliación obterán o correspondente certificado de 20 horas (2 créditos).

Co obxectivo de que os/as novos/as colexiados/as poidan acceder ás anteriores edicións do FOCAD, van ofrecer progresivamente os cursos das 57 edicións realizadas ao longo destes 16 anos, revisadas e actualizadas. Se xa realizaches a primeira edición destes cursos, e deséxalo, podes realizar tamén a 2ª edición actualizada.

A continuación presentamos a EDICIÓN Nº 58 (OUTUBRO- DECEMBRO 2025) , cos materiais que che podes descargar e imprimir para o seu estudo, a través da páxina web oficial de FOCAD http://www.focad.es/, mediante clave personalizada (número de colexiado e NIF persoal), tal e como se che indica no espazo de axuda.

Desde o 16 de outubro ata o 31 de decembro de 2025 poderás contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superado, recibir a correspondente certificación.

 

NOVA EDICIÓN FOCAD

  • TALLER: O PROCESO DE AVALIACIÓN PSICOLÓXICA.
  • CONSUMO DE DROGAS EN PERSOAS MAIORES, UNHA REALIDADE INVISIBLE?
  • DA NEUROANATOMÍA Á NEUROPSICOLOGÍA DA MEMORIA DECLARATIVA: COMO ENTENDER E DIAGNOSTICAR AMNESIA DO LÓBULO TEMPORAL.
  • COMPETENCIA EN I+D+i (INVESTIGACIÓN, INNOVACIÓN E TRANSFERENCIA) COMO FERRAMENTA DE MELLORA PARA O / A PROFESIONAL DA PSICOLOXÍA.
  • EVALUACIÓN FORENSE DO TRASTORNO POR ESTRÉS POSTRAUMÁTICO COMPLEXO.

 

FOCAD PARA DIVISIÓNS

Como membro da División podes realizar os cursos que a continuación se detallan.

Podes contestar os cuestionarios de avaliación e, unha vez superados, recibir a correspondente certificación

FOCAD para División de Psicoloxía Xurídica

  • TRAUMA INFORMADO NO ÁMBITO DE XUSTIZA

FOCAD para División de Psicoloxía de Intervención Social

  • O TRABALLO EN EQUIPO INTERDISCIPLINAR NA PSICOLOXÍA DA INTERVENCIÓN

FOCAD para División de Psicoloxía Clínica e da Saúde

  •  MARCO DE PODER, AMEAZA E SIGNIFICADO. UNHA ALTERNATIVA AOS DIAGNÓSTICOS PSIQUIÁTRICOS ACTUAIS
  • SAÚDE MENTAL DIXITAL: INNOVACIÓN, REGULACIÓN E PRÁCTICA CLÍNICA NA ERA DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL.

FOCAD para División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade

  • O ROL ACTUAL DO/A PROFESIONAL DA PSICOLOXÍA NO PERMISO POR PUNTOS
  • A PSICOLOXÍA DO TRÁFICO E A SEGURIDADE NA NOVA MOBILIDADE

FOCAD para División de Psicoterapia

  • MAPAS PARA A FORMULACIÓN DE CASOS
  • VALORACIÓN DA ESQUIZOFRENIA NEGATIVA: ALGUNHAS ACHEGAS Á AVALIACIÓN E O SEU IMPACTO EMOCIONAL
  • TERAPIA DIALÉCTICO CONDUTUAL RADICALMENTE ABERTA. UN TRATAMENTO PARA O SOBRECONTROL
  • ABORDAXE INTEGRAL DOS TRASTORNOS ALIMENTARIOS. A PERSOA EN RELACIÓN.

FOCAD para División de Educativa

  • PREVENCIÓN DA AUTOLESIÓN E O SUICIDIO EN CONTORNAS EDUCATIVAS. RETOS E DESAFÍOS DO FUTURO NA ERA DIXITAL
  • FUNCIÓNS EXECUTIVAS: ENFOQUE NEUROPSICOLÓXICO CLÍNICO E EVOLUTIVO

FOCAD para División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e os Recursos Humanos

  • A MEDIACIÓN UNHA FERRAMENTA DE XESTIÓN

FOCAD para División de Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte

  • MANUAL DEPORTIVO PARA PERSOAS CON TRASTORNO MENTAL GRAVE
  • ESTRATEXIAS DE COACHING EN PSICOLOXÍA DO DEPORTE

FOCAD para División de Psicoloxía Académica

  • PSICOONCOLOXÍA E PSICOLOXÍA PALIATIVA ANTE OS PROCESOS DE MORTE MEDICAMENTE ASISTIDOS 
focad