Comisións

A Comisión para a Defensa da Profesión segue a recibir novos casos susceptibles de intrusismo
CDP

Segundo os datos de INFOCOP, referentes á evolución do intrusismo na Psicoloxía, as denuncias non deixaron de aumentar nos últimos anos.

En Galicia tamén se mantén a tendencia á alza no número de casos novos que entran para estudo. Concretamente, no que vai de ano abríronse 14 expedientes. Celebramos que imos obtendo resposta positiva nalgúns dos mesmos.

Lembramos que combater o intrusismo supón protexer os intereses da cidadanía á saúde e ao seu dereito de ser atendida por profesionais coa habilitación correspondente.

Aínda que moitas e moitos de vós xa estaredes en modo de merecido descanso, convidámosvos a pór atención alá onde esteades. En breve sairá unha campaña de difusión para dar valor e pulo á Psicoloxía fronte a esas outras opcións confusas e nada rigorosas.

Esperamos que vos guste e que vos sintades representadas e representados. Desde a CDP desexámosvos unhas felices vacacións.

Se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG, aportando todos os datos posibles para o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.

 

 

 

CDP