Grupos

Curso «Aspectos legais nas emerxencias»
Curso Aspectos legais nas emerxencias

Na intervención en situacións de emerxencia é moi importante coñecer, por unha banda, as implicacións legais inherentes a este tipo de actuacións e, por outra banda, as obrigas legais e os dereitos que teñen os profesionais de intervención en emerxencias. Con estes obxectivos, o 28 de xuño, realizouse na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia a formación «Aspectos legais na emerxencia», impartida pola avogada e asesora xurídica do COPG, Cecilia Barros Díaz.

A través de descricións teóricas dos aspectos legais e xurídicos e de casos prácticos, os membros do GIPCE que asistiron aclararon as súas dúbidas sobre consentimento, confidencialidade, dereito á información, dereitos das persoas usuarias, dereitos dos profesionais da Psicoloxía, realización de informes, etc.

 

Curso Aspectos legais nas emerxencias
Curso "Aspectos legais nas emerxencias"