Durante o mes de xuño, varios gipces impartiron cursos de formación para Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) co obxectivo de achegalos á importancia de atender á saúde mental e de proporcionarlles pautas de actuación ante diferentes situacións de emerxencia que se poden atopar durante o seu traballo.
Entre os cursos que se levaron a cabo están Intervención policial con persoas con trastornos psiquiátricos; Perfís das persoas maltratadoras; Aspectos básicos dos trastornos de personalidade; Abordaxe policial en brotes psicóticos; Xestión do estrés e benestar; Microexpresión e linguaxe non verbal.