O 31 de maio iniciamos o ciclo de conferencias en primeira persoa co que queremos visibilizar e dar a coñecer o traballo realizado por profesionais da Psicoloxía de Emerxencias de diferentes zonas de España en situacións de emerxencia de alto impacto na poboación.
A primeira conferencia foi impartida por Lola Collado Tarazón, psicóloga sanitaria na Comunidade Valencia, que desde os primeiros momentos estivo intervindo con poboación xeral e con profesionais intervenientes afectados pola DANA que o 29 de outubro do 2024 asolou a Comunidade Valenciana deixando cuantiosos danos materiais, en infraestruturas e máis de 220 falecidos. A exposición da súa experiencia supón unha aportación moi importante para os profesionais da Psicoloxía de Emerxencias ao achegarnos ás necesidades da poboación, ás dificultades atopadas e ás tarefas realizadas tras un desastre natural das dimensións desa DANA.