Cinco casos involucran a persoas sen a titulación en Psicoloxía que ofertan tratamentos para a saúde mental.
Eses cinco expedientes considéranse susceptibles de actuacións por parte da autoridade sanitaria, polo que incorpóranse ao informe semestral de casos denunciados diante da Subdirección Xeral de Inspección Sanitaria.
Por outra banda, dos tres casos restantes, un deles derivouse ao COP doutra comunidade a quen corresponde as actuacións pertinentes; e noutro, a persoa requerida adoptou as medidas suxeridas pola CDP en canto á súa publicidade.
O derradeiro expediente pechouse cando esta Comisión comprobou que o centro a estudo tiña entre o seu persoal a unha compañeira psicóloga sanitaria.
Desde aquí, agradécese a todas as persoas colexiadas a súa implicación á hora de compartir información sobre posibles casos de intrusismo.
E lembra que se consideras que se está a cometer intrusismo profesional na psicoloxía, podes comunicalo ao COPG. Podes aportar todos os datos posibles para o estudo correspondente. O COPG actúa de oficio para garantir a confidencialidade dos datos da persoa informante.