A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada
- Xunto co vicedecano, Hipólito Puente Carracedo, participaron no Simposium de Innovación Tecnolóxica e Compromiso Social 2025, organizado por Unión Profesional de Galicia, celebrado o día 10 de maio en Santiago de Compostela. Este evento tivo como obxectivo fomentar o desenvolvemento profesional e social da comunidade galega.
- Á segunda xuntanza da Mesa Sectorial de Vivenda, convocada polo Concello de Santiago de Compostela e celebrada o día 22 de maio.

Rocío García Calvo
A representante no Consello Municipal de Saúde do Concello de Santiago de Compostela, Rocío García Calvo, asistiu á xuntanza celebrada o día 22 de abril en Santiago de Compostela.

Hipólito Puente Carracedo
O vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, en representación da decana, asistiu á mesa inaugural das X Xornadas “A vulnerabilidade das infancias e as adolescencias”, organizadas pola Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (ASEIA), celebradas o día 26 de abril en Vigo. Así mesmo, a decana, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu á xornada previa, celebrada o día 23 de abril tamén en Vigo.
Participou tamén na mesa inaugural das X Xornadas de Aseia, que se celebrou no Edificio da Deputación Provincial de Pontevedra o día 26 de abril.
Ademais, xunto co membro da Xunta de Goberno, Ricardo Fandiño Pascual, asistiron a unha xuntanza coa coordinadora de UNICEF Galicia, Irene Marín, coa finalidade de coñecer o traballo que desenvolven. A xuntanza celebrouse na sede colexial o día 6 de maio.

Concepción Fernández Fernández
A coordinadora da Comisión Intersectorial Feminista do COPG, Concepción Fernández Fernández, inaugurou as III Xornadas de Bilingüismo, organizadas pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía, que se desenvolveron o día 24 de abril. No encontro tamén participou nunha mesa Mª Begoña Castro Iglesias, como membro da xunta directiva da Sección de Psicoloxía Educativa.

Mª Carmen González Hermo
A vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo, colaborou na Xornada Internacional de Saúde Mental e Mocidade en Risco, organizada pola Asociación Igaxes e celebrada en Santiago de Compostela o día 24 de abril.
A colexiada Isabel Figueroa Matallín, membro da xunta directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde, participou na xuntanza da Plataforma SOS Sanidade Pública, celebrada en Santiago de Compostela o día 29 de abril.

Mª Begoña Castro Iglesias
A membro da Xunta de Goberno, Mª Begoña Castro Iglesias, participou na xuntanza de constitución da Plataforma Galega para unha Atención Digna á Dependencia, celebrada o día 12 de maio en Santiago de Compostela.
Asistiu tamén, xunto á colexiada Florentina Rivadulla en representación da decana, ao acto conmemorativo do 130º aniversario do Colexio de Farmacéuticos e Médicos da Provincia da Coruña, celebrado en Santiago de Compostela o día 13 de maio.

José Berdullas Barreiro
O membro da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, xunto co presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde, Xacobe Abel Fernández García, asistiron a unha xuntanza en representación do COPG, celebrada o día 14 de maio no Parlamento de Galicia.

Mª Dolores González Fernández
A representante na Comisión Galega de Control da Violencia, Mª Dolores González Fernández, asistiu en representación do COPG á reunión extraordinaria desta comisión, celebrada en modalidade online o día 21 de maio

Alejandra Isabel Fernández Rodríguez
A secretaria do COPG, Alejandra I. Fernández Rodríguez, xunto coa coordinadora do Grupo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, participaron nunha xuntanza co técnico do Servizo para a Asistencia e Orientación a Vítimas de Discriminación Racial ou Étnica, Eduardo Búa Barbosa, celebrada na sede colexial o día 27 de maio.
O COPG e o Consejo General de la Psicología
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:
– Á reunión do Patronato de Psicofundación, celebrada o día 25 de abril en Madrid, e á reunión da Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología, celebrada o día 26 de abril, tamén en Madrid.
– Á presentación do estudo “A coordinación de parentalidade como unha nova forma de violencia institucional”, celebrado o día 6 de maio en Madrid e organizado polo Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller.
– Á presentación do estudo “Violencia contra mulleres, nenas, nenos e adolescentes no ámbito dixital”, financiado polo Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, celebrado en Madrid o día 27 de maio.