Seccións

Xornada «A ansiedade no eido educativo»

Este sábado 10 de maio, a Sección de Educativa do COPG celebrou en formato presencial e online a xornada “A ansiedade no eido educativo”, coordinada pola presidenta de dita Sección, Manuela del Palacio García, e que tivo como docente a Nuria Lago Fernández.

Nuria Lago Fernández é Psicóloga Educativa e Sanitaria; Terapeuta Familiar (acreditada pola ATFMG); Posgraduada en Acollemento, Adopción e Postadopción pola UB (Universitat de Barcelona) en convenio coa URL (Universitat Ramón Llull); 1º ano do Máster en Hipnose e Terapia Ericksoniana (Instituto Erickson Madrid). Desenvolveu a meirande parte da súa práctica profesional no eido privado traballando con familias, nenos/as, adolescentes e adultos.

A xornada abordou a ansiedade nos contextos educativos dun xeito práctico, dinámico e realista, sustentándose en supostos casos prácticos co obxectivo de coñecer como se manifesta a ansiedade en ditos contextos e traballando pautas para abordala e conseguir desenvolver intervencións exitosas sobre este tipo de casos no alumnado.

Nuria Lago Fernández, vogal da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG e docente da xornada; Manuela del Palacio García, presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG e coordinadora da xornada.