Con motivo do 28 de abril, Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) xunto co Consejo General de la Psicología (COP) reivindicamos o papel esencial da Psicoloxía do Traballo na implementación dos procesos de intelixencia artificial e dixitalización na procura de organizacións máis saudables e sostibles.
Baixo o lema «Persoas e tecnoloxía: a clave para un futuro laboral saudable e sostible», salientamos a necesidade de incorporar a perspectiva psicolóxica nos procesos de transformación dixital para fomentar contornas laborais máis humanas, resilientes e sostibles.
A Psicoloxía do Traballo é experta en:
- Xestión do cambio e adaptación á dixitalización
- Prevención de riscos psicosociais en contornas dixitais
- Intelixencia artificial e toma de decisións éticas
- Avaliación de habilidades e liderado na era dixital
- Humanización dos entornos dixitais
No marco desta celebración, desde o COPG lembramos a importancia de construír empresas saudables e innovadoras, cun enfoque centrado nas persoas, a saúde mental e a seguridade laboral.