A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada
- A unha xuntanza co director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba Alvedro, para abordar o acordo de colaboración entre ambas entidades en materia de violencia de xénero. Durante a reunión, analizouse a situación actual dos programas de atención psicolóxica. Celebrada en Santiago de Compostela o día 25 de febreiro.
- Ao homenaxe Mulleres de Compostela 2025, organizado polo Concello de Santiago de Compostela o día 7 de marzo.
- Participou no acto institucional do Día Internacional das Mulleres, organizado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e celebrado en Santiago de Compostela o día 7 de marzo.
- Tamén participou na presentación da Guía de Peritos Xudiciais e Mediadores de Galicia 2025, organizada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e celebrada en Santiago de Compostela o día 13 de marzo.

Concepción Fernández Fernández
Concepción Fernández Fernández, coordinadora da Comisión Intersectorial Feminista do COPG, asistiu á entrega do “Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega” celebrado en Santiago de Compostela o día 8 de marzo.

Lidia Sánchez Edreira
A representante do COPG no Grupo de Traballo de Atención Primaria, Lidia Sánchez Edreira, designada na Comisión nº 9 do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, na «Comisión Sectorial Multidisciplinar para establecer o mapa das competencias dos diferentes estamentos e a súa reordenación, no seu caso”, asistiu o 13 de marzo á reunión desta comisión, celebrada na Consellería de Sanidade.

Mª Dolores González Fernández
Mª Dolores González Fernández, G-1935, asistiu en representación do COPG á reunión extraordinaria da Comisión Galega de Control da Violencia, celebrada en modalidade online o día 10 de marzo.
Desde o COPG emitiuse unha Declaración Institucional con motivo do día Internacional da Muller.
O 11 de marzo celebrouse a inauguración na sede colexial da exposición “A paisaxe que me acompaña” da artistae psicóloga colexiada Encarna Álvarez Gallego (G-807).
O COPG e o Consejo General de la Psicología
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:
– Ao acto informativo co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, celebrado vía online o día 27 de febreiro.
– Participou na reunión do Grupo de Traballo de Violencias Sexuais do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, celebrada en liña o 25 de febreiro.
– Asistiu á mesa redonda con motivo do “Día Internacional de la Mujer”, organizado polo Observatorio de Igualdad de Oportunidades del Grupo Social ONCE e celebrado en Madrid o día 6 de marzo.
– Participou nun evento con motivo do “Día Internacional de la Mujer” organizado pola Oficina del Parlamento Europeo en España, celebrado en Madrid o día 7 de marzo.