Seccións

III Xornadas de Saúde Mental e Benestar Psicolóxico no ámbito laboral «Organizacións saudables como obxectivo estratéxico para a xestión do absentismo»
III Xornadas de Saúde Mental e Benestar Psicolóxico no ámbito laboral

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia informamos da celebración das III Xornadas de Saúde Mental e Benestar Psicolóxico no ámbito laboral, baixo o título Organizacións saudables como obxectivo estratéxico para a xestión do absentismo, organizadas polo Colegio Oficial de la Psicología de Las Palmas.

A actividade terá lugar o 23 de abril de 2026 no Paraninfo da Universidade Fernando Pessoa Canarias (Las Palmas), en formato híbrido, permitindo a asistencia tanto presencial como en liña.

Estas xornadas abordarán o papel das organizacións saudables como eixo clave para a prevención e xestión do absentismo laboral, ofrecendo unha perspectiva actualizada e multidisciplinar sobre o benestar psicolóxico no traballo.

Pódese consultar máis información, así como o programa completo e o proceso de inscrición, na seguinte ligazón:
https://www.coplaspalmas.org/servicios/formacion_desc.php?guid=aW5lczM0NTUzMTA5NDY1NDQzaW5lcw==

III Xornadas de Saúde Mental e Benestar Psicolóxico no ámbito laboral
III Xornadas de Saúde Mental e Benestar Psicolóxico no ámbito laboral