A Comisión Electoral do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, na súa reunión do 24 de marzo de 2026, unha vez examinada a documentación presentada para concorrer ás eleccións á Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, acordou proclamar provisionalmente como válida a candidatura presentada e que se relaciona de seguido, dado que reúne todos os requisitos esixidos nos Estatutos do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:
G-1173 Mª ROSA ÁLVAREZ PRADA, DECANA
G-1955 RICARDO FANDIÑO PASCUAL, VICEDECANO
G-3231 JOSÉ BERDULLAS BARREIRO, SECRETARIO
G-3100 Mª CARMEN GONZÁLEZ HERMO, VICESECRETARIA
G-3353 RUBÉN VILLAR TRENCO, TESOUREIRO
G-3093 Mª BEGOÑA CASTRO IGLESIAS, VOGAL
G-2798 DAVID FACAL MAYO, VOGAL
G-1540 ALEJANDRA ISABEL FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, VOGAL
G-1276 JULIO GONZÁLEZ MORANDEIRA, VOGAL
G-3022 ANA MARÍA NÚÑEZ RUBINES, VOGAL
G-1285 JOSÉ MANUEL OREIRO BLANCO, VOGAL
G-1435 MÓNICA PERMUY LÓPEZ, VOGAL
G-4400 CRISTINA TORRADO TARRÍO, VOGAL
Comunicar aos colexiados e colexiadas que no prazo de cinco días contados a partir da data deste acordo poderán presentar reclamacións sobre a candidatura diante desta Comisión Electoral.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026.
