
Concepción Fernández Fernández
A vogal da Xunta de Goberno, Concepción Fernández Fernández, asistiu á exposición anual da Asociación Fonte da Virxe, que tivo lugar o 10 de decembro en Santiago de Compostela. Desde a Asociación queren que sexa un espazo de encontro e visibilización dos traballos realizados nos seus Centros de Rehabilitación Psicosocial e Ocupacional.

José Manuel Oreiro Blanco
O vogal da Xunta de Goberno, José Manuel Oreiro Blanco, asistiu en representación do COPG, á entrega dos Quintos Recoñecementos Acampa 2025, que se celebraron o día 11 de decembro na Coruña.

Xabier Macías Virgós
Xabier Macías Virgós, en representación do COPG, asistiu á Sesión Informativa EURES-T Galiza-Norte Portugal, organizada pola Delegación Norte da Ordem dos Psicólogos Portugueses, que se celebrou o 12 de decembro en Valença.

Ana Mª Nuñez Rubines
A coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Núñez Rubines, asistiu ao acto de entrega das Medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de Protección Civil de Galicia correspondentes ao ano 2025, que se celebrou o 13 de decembro na Estrada.
Asistiu tamén á reunión do Pleno da Comisión Galega de Protección Civil que se celebrou o 18 de decembro na Estrada.

Lidia Sánchez Eidreira
Lidia Sánchez Edreira, asistiu á xuntanza online do Grupo de Traballo da Comisión Técnica nº 9 do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, que se celebrou o día 15 de decembro.

José Berdullas Barreiro
José Berdullas Barreiro, vogal da Xunta de Goberno, asistiu en representación do COPG ao acto conmemorativo do XXV Aniversario de Dano Cerebral Santiago de Compostela (SARELA), que tivo lugar o día 17 de decembro.
A coordinadora do Grupo de Traballo de Trastornos Adictivos da Sección de Psicoloxía e Saúde, María Carou López, xunto coa presidenta da mesma Sección, Paula Marcos Carregal, participaron na xuntanza online celebrada o pasado 18 de decembro coa xefa do Servizo de Atención á Saúde Mental e Integración Psicosocial e Trastorno Mental Grave da Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, Yolanda Triñanes Pego, na que se abordaron diferentes cuestións vencelladas á saúde mental, entre elas o proceso de integración e estatutarización e as súas posibles repercusións para os/as profesionais da Psicoloxía.
Desde o COPG participamos coa sinatura de apoio para a iniciativa lexislativa popular para a reforma do Artigo 14 da Lei de Augas (texto refundido aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/2001, de 20 de xullo), debido a que en España as inundacións son a catástrofe natural que maiores danos xenera, en vidas humanas, bens e perdas económicas.
Presentamos recurso potestativo de reposición ao Concello de Bueu pola convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para a contratación como persoal laboral temporal de postos/prazas de psicólogo/a, na que non aparece a titulación en Psicoloxía.
Presentamos achegas ao borrador do “Protocolo para a primeira intervención das Policías Locais de Galicia sobre violencia de xénero” do Observatorio Galego da Violencia de Xénero.
O COPG e o Consejo General de la Psicología
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología:
- Asistiu á 3ª sesión do webinar “Integrando la mirada de género en la profesión desde la gestión de los COPs”, organizado pola Área de Xénero do Consejo General de la Psicología, e dirixido ás estruturas colexiais. A formación desenvólvese en liña ao longo do segundo semestre de 2025, en catro sesións. A primeira celebrouse o 8 de setembro, e a segunda o día 15 de outubro.
- Asistiu á reunión do Patronato de Psicofundación, celebrada o día 12 de decembro en Madrid. Asistiu tamén á reunión de Xunta de Goberno e a Xunta Xeral do Consejo General de la Psicología, celebradas o día 13 de decembro en Madrid. Ademais, participou na “XII Xornada de Excelencia e Innovación en Psicoloxía”, que tiña por obxectivo continuar promovendo o debate das ideas innovadoras e premiar a excelencia da actividade profesional e académica da Psicoloxía. Celebrada en Madrid o día 12 de decembro.
- Asistiu ao Webinario online “No estamos locas sabemos lo que queremos” organizado por Mujeres en Zona de Conflicto, celebrado o día 19 de decembro, e dentro do marco do Proxecto “Aprendizajes y propuestas para la mejora la atención sociosanitaria desde la mirada de las mujeres rurales con un enfoque intereseccional”, financiado polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030. O obxectivo deste proxecto é afondar e investigar sobre os diferentes determinantes que afectan á saúde das mulleres, as razóns estruturais que limitan o acceso a recursos sociosanitarios, así como os sesgos médicos e científicos aos que se enfrontan as mulleres ao ser atendidas por un sistema de saúde baseado nunha mirada cartesiana e patriarcal.
