Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (AGOSTO-SETEMBRO 2025)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

  • Participou xunto co vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, no acto de recoñecemento das Medallas de Galicia 2025, celebrado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o día 24 de xullo.
  • Asistiu ao acto de recoñecemento cidadá Alba de Compostela, organizado polo Concello de Santiago de Compostela e celebrado o día 25 de xullo.
  • Asistiu á Asemblea Xeral da Unión Profesional de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela o día 23 de setembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

HIPÓLITO PUENTE CARRACEDO

Hipólito Puente Carracedo

 

O vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, xunto coa presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa, Mª Begoña Castro Iglesias, participou nunha mesa redonda no marco do I Congreso de Educación Transformadora: ciencia, comunicación e sociedade, celebrado do 17 ao 19 de setembro en Pontevedra.

Mª Begoña Castro Iglesias

Mª Begoña Castro Iglesias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

José Berdullas Barreiro

 

O presidente da Sección, Xacobe Abel Fernández García, xunto co membro da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, participou nunha xuntanza coa Asociación de Cáncer Infantil e Xuvenil de Galicia (ASANOG), celebrada en modalidade telemática o día 29 de setembro.

Xacobe Abel Fernández García

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mª Carmen González Hermo

Mª Carmen González Hermo

 

A vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo:

– Asistiu á reunión de constitución e á rolda de prensa de presentación da Plataforma por unha Atención Digna á Dependencia, celebrada en Santiago de Compostela o día 22 de setembro.

– Mantivo unha xuntanza co Club de Atletismo de Sada, celebrada en modalidade online o día 7 de outubro.

– Asistiu ás XXVI Xornadas da Sociedade Portuguesa de Psicoloxía do Deporte, que se celebraron os días 3 e 4 de outubro no Porto.

 

 

O Comité Seleccionador da Beca Siota de Investigación en Psicoloxía, reunido o 7 de maio de 2025, acordou conceder a Beca da XIV edición ao proxecto “Efectos dun adestramento de Realidade Virtual en pacientes con enfermidade de Parkinson”, presentado por Juan Esteban Fernández Torrego, colexiado G-7317. Agradeceuse a participación de todas as persoas que presentaron proxectos nesta edición.

En cumprimento do Regulamento de Réxime Interior da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, e ao rematar o mandato iniciado en 2021, o 1 de agosto publicouse a convocatoria de eleccións á Xunta Directiva desta Sección.

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) uniuse á Declaración de Tolerancia e Respecto fronte ao discurso de odio e á aporofobia, con motivo do Día Internacional para Contrarrestar o Discurso de Odio, promovido por EAPN España.

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Desde a Área de Xénero do Consejo General de la Psicología organizouse o webinar “Integrando la mirada de género en la profesión desde la gestión de los COP”, dirixido ás estruturas colexiais. A formación desenvólvese en liña ao longo do segundo semestre de 2025, en catro sesións. A primeira celebrouse o 8 de setembro.

– Asistiu á reunión da Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología, celebrada o día 20 de setembro en Madrid.

COPG