Seccións

12th International Congress of Coaching Psychology

O Col·legi Oficial de Psicologia de Catalunya (COPC), no marco do 10º aniversario da súa Sección de Psicología Coaching, organiza o 12th International Congress of Coaching Psychology. Este evento celebrarase os días 19 e 20 de maio de 2022, en modalidade virtual, baixo o lema “Psicoloxía Coaching para a adaptación das organizacións e as persoas aos cambios nos próximos 10 anos”. Ao longo dos dous días do encontro abordaranse os avances máis recentes na investigación e na práctica da Psicoloxía Coaching a través de diferentes conferencias, ponencias, paneis de expertas e expertos, e pósters. A conferencia inaugural será impartida por Stephen Palmer, profesor da Universidade de Londres, e Siobhain O’Riordan, presidenta-fundadora da Sociedade Internacional de Psicoloxía Coaching (ISCP), que presentarán o relatorio conxunto “Navegando polas transicións no lugar de traballo a través da Psicoloxía Coaching”.

Para máis información pode consultarse a páxina Web do congreso: https://www.copc.cat/congreso-de-psicologia-coaching

 

Spread the love